Saturday 04 de May de 2024

O Concello de Noia acomete labores de roza e limpeza nas distintas parroquias


 

O Concello de Noia está a acometer labores de roza e limpeza nas distintas parroquias do municipio. Unhas tarefas que se levan desenvolvendo durante os meses de verán e que continuarán estendéndose ao conxunto do territorio.

Durante a pasada semana leváronse a cabo as tarefas de limpeza de ambos os dous malecóns da vila. Foron máis de 200 as bolsas retiradas nestas zonas. Estes traballos complementáronse con outra serie de actuacións como as rozas levadas a cabo na parroquia de Barro, especialmente nos arredores do local social e do paseo marítimo, así como no parque infantil de Orro e na súa contorna, ou na fonte de San Bernardo. Os labores de acondicionamento dos espazos municipais continuarán nas vindeiras semanas.